(Reseña)

Camiña, descubre e come!

Descubre a contorna da Serra de Redondela (Pontevedra) nunha ruta guiada polo seu patrimonio histórico e natural con Cuarzo Verde e degusta un Menú Degustación de deliciosa e sorprendente cociña vegana no Espazo Vivo.

Desde 35
Duration:
6 Hour(s)
(Reseña)

A paisaxe como Memoria da Humanidade

No Centro de Desenvolvemento Rural de O Viso queremos transmitir moito máis que unha experiencia baseada na natureza, xa que a experiencia comunitaria é a chave en Educación Ambiental. Participar, axudar, colaborar, contribuír, intervir… Non se trata de tratar o medio como un ente disociado das persoas: non separamos o humano do medio.

Desde 10
Duration:
3 Hour(s)
(Reseña)

Granxas: máis que un xardín

En Labrecos S. Coop. Galega realizamos actividades de ecoturismo dirixidas a nenos, familias e tamén adultos. Adaptamos obradoiros de horta rexenerativa, obradoiros de arte, obradoiros de produción de biofertilizantes, visitas guiadas á explotación, visitas arqueolóxicas aos Castros… Coñece a nosa proposta básica e xuntos crearemos a experiencia completa!

Desde 10
Duration:
3 Hour(s)
(Reseña)

O Courel: cultura campesiña

A Fundación Uxío Novoneyra está situada na aldea de Parada, no Courel. Unha aldea situada a 761 m. alto no que descubrirás un patrimonio impresionante. Coa nosa visita gozarás da literatura, da etnografía e da tradición, da impresionante paisaxe, da nosa cultura campesiña…

Desde 10
Duration:
2,45 Hour(s)
(Reseña)

Allariz, paraíso gastro-cultural

Todo un día descubrindo novos espazos e sabores a través dun percorrido pola vila de Allariz e a parroquia emprendedora de Vilar de Santos. Unha ruta chea de cultura e gastronomía, para realizar só ou acompañado, e con moitas experiencias únicas para atopar no camiño. Comeza en Allariz, localidade a tan só 25 km de Ourense.

Desde 15
Duration:
6 Hour(s)
(Reseña)

Do gran á masa

O lecer en familia é unha das mellores formas de fortalecer vínculos e recordos para toda a vida. Propoñémosvos viaxar en familia doutro xeito: pola Economía Social e Solidaria, descubrindo a cultura, coñecendo á xente do lugar que visitades e degustando a gastronomía mentres os vosos pequenos tamén se divirten e experimentan cos seus sentidos.

Desde 25
Duration:
5 Hour(s)
(Reseña)

É unha aldea, é a vida

Nesta experiencia propoñémosche pasar un día coa túa familia coñecendo de primeira man o que é a Economía Solidaria dun xeito diferente. Ti e a túa familia acompañaredes cada paso da vosa vida cotiá na aldea de Lodoselo. Coa axuda do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) do Viso, coidarás dos animais do Pueblo Escuela, acompañarás, coñecerás aos veciños, explorarás o sensible xardín… Despois desta aventura gozarás dun exquisito XANTAR-CONCERTO en Vilar de Santos, concretamente na taberna “A Arca da Noe”.

Desde 12
Duration:
6 Hour(s)