- RESUMO
- ITINERARIO
- GALERIA
- + INFO
SAFARI DE SNORKEL
Os safaris de snorkel son actividades para coñecer en primeira persoa como é o fondo do mar da costa galega. Durante a mañá descubriremos a vida salvaxe de forma divulgativa coa axuda de infografías e vídeos sobre o patrimonio natural submarino, para logo facer snorkel guiado nas Illas Cíes.
Somos 13 graos S. Coop Galega , especialistas na divulgación e conservación do medio mariño de Galicia, coñécenos!
Prezo: 65€ por persoa
Atención:
- Esta experiencia é para persoas maiores de 18 anos
- É necesario grupo de 6 persoas para realizar a actividade
- Dispoñible desde maio ata outubro
Esta experiencia está suxeita ás condicións meteorolóxicas e recoméndase facela desde maio ata outubro. Os safaris de snorkel inclúen actividades de divulgación sobre o medio mariño galego, snorkel con guía nas Illas Cíes e unha reportaxe fotográfica. As Illas Cíes son un paraíso natural e forman parte do conxunto declarado Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
A experiencia ten unha duración de 4 horas e engloba as seguintes actividades:
Itinerario
Hora : 10:00 am
Briefing
Presentación das características, habitantes habituais, funcións, importancia, ameazas e conservación da contorna obxecto do safari.
Curiosidades que se poden ver nestes lugares e como atopalas.
Pautas básicas de snorkel responsable e conservación da contorna.
Rolda de preguntas.
Hora : 10:40 am
Snorkel guiado
Equipamento co material no peirao: 10.40 h.
Saída ás Illas Cíes: 11.00 h.
Snorkel: 11.45 h.
Mergullarémonos na paisaxe coñecida a través do briefing previo para pór en práctica os coñecementos adquiridos e buscar a fauna e flora asociada (cada persoa levará unha táboa de identificación sumerxible).
Ademais do acompañamento e guía no percorrido submarino, realizaranse fotos ás persoas participantes e obteranse imaxes en vídeo para elaborar unha peza resumen da actividade.
Hora : 1:00 pm
Posta en común
Posta en común a bordo do barco ao saír da inmersión: 13.00 h.
Chegada a Vigo (ducha e cambio nos vestiarios): 13.30 h.
Fin da actividade presencial: 14.00 h.
Envío de fotos/vídeo ás persoas participantes
Contacta con 13gradosvigo@gmail.com
O pago é anticipado para formalizar a reserva mediante transferencia ou Bizum. En caso de cancelar a experiencia por condicións meteorolóxicas, faise a devolución do 100% do importe.
Polo momento unicamente podemos ofrecer esta experiencia en galego, castelán e inglés.
É necesario ser un grupo de 6 persoas para realizar esta actividade. Para asegurar a calidade da experiencia non se realizarán grupos maiores.
Idade mínima: 18 anos.
Non é preciso ter experiencia previa.
- Explicación divulgativa sobre a vida marítima
- Snorkel con guía
- Fotos da experiencia de snorkel
No prezo inclúese todo o necesario para realizar a actividade:
- Lentes e tubo de mergullo
- Neopreno
- Aletas
- Táboas de identificación
Dispomos de vestiarios con duchas.
Podes chamarnos ao 666457285