• RESUMO
  • ITINERARIO
  • + INFO

En familia, con amigas e amigos, soa ou só... como ti elixas! Esperámoste en Ameixoeira para compartir contigo noso día a día. Desde o coidando do noso gando caprino ata a elaboración de queixos e iogures artesanais e ecolóxicos, vivirás en primeira persoa como é o funcionamento da nosa granxa e degustarás os nosos produtos.

Se queres completar a túa experiencia, tamén ofrecemos un obradoiro de queixo fresco.

Prezos visita Ameixoeira:

  • Menores de 6 anos: GRATIS
  • Entre 6 e 12 anos: 5€
  • Persoas adultas: 10€

  • Se tes algunha dúbida, queres concretar a visita ou reservar, chámanos a 620995030 ou ao  672 15 91 03, ou escríbenos a susaameixoeiracoop@gmail.com 

Onde estamos? En lugar A Fraga , Sabugueiro, Polígono.12 Parcela 3. Pontevedra, 36959.

VISITA AMEIXOEIRA

a mellor forma de coñecer as nosas cabras e a elaboración artesanal de queixos

Visita á explotación de cabras e queixería para coñecer de primeira man como traballamos e a calidade e sabor dos nosos produtos como son os queixos, premiados ata en seis ocasiones polos World Cheese Awards. Realizamos esta visita durante todo o ano e sen horarios pechados, en función de dispoñibilidade e consulta previa. A visita ten unha duración estimada de 1 h. e está dirixida a todos os públicos. Ademais podémola adaptar ás túas preferencias, polo que te animamos  a chamarnos sen compromiso sexa para reserva ou para información!

Mediante transferencia. Pago en man no momento da reserva.

Polo momento unicamente podemos ofrecer esta experiencia en galego e castelán.

Sen mínimo nin máximo de persoas por grupo. Se sodes poucas persoas, podedes preguntarnos e organizamos un grupo mínimo.

A visita á granxa e quesería ten limitacións para persoas con mobilidade reducida.

Explicarémosche todo por télf. ou email, pero estamos en lugar A Fraga , Sabugueiro, Polígono.12 Parcela 3. Pontevedra, 36959.