• RESUMO
  • ITINERARIO
  • + INFO

A tan só 30 minutos de Ourense, propoñémosche unha experiencia en familia en Vilar de Santos, concretamente no lugar de Mosqueiro, parte da Reserva da Biosfera Área de Allariz. O taller ou obradoiro  ten lugar no forno tradicional de Faragullas e está destinado aos e as máis peques. Elaborarán pizzas, que serán posteriormente degustadas por toda a familia, e unha deliciosa bola de pan que levarán para casa.

Consulta o Itinerario para ver máis detalles!

Atención: 

  • Confirma connosco datas do taller
  • *Non esquezas avisarnos en caso de alerxias ou intolerancias.

DO GRAN Á MASA

Unha experiencia gastro-creativa para todas

Carme e Fernando recibirán ás crianzas no seu forno tradicional. Alí serán as encargadas de elaborar o pan, aprendendo e participando no proceso artesanal, e coñecendo a importancia do emprego de fariñas de proximidade e ecolóxicas. Ás 14.30h, as persoas adultas volverán a Faragullas para degustar os deliciosos manxares elaborados polas crianzas e coñecer o proceso que levaron a cabo. Mentres tanto, as persoas adultas teredes a oportunidade de explorar a aldea de Vilar de Santos e arredores: "Museo Etnográfico da Limia", "Areeiras da Limia", "Carballa da Rocha", ou as vilas de Allariz ou Celanova. Ou simplemente coñecer a aldea e tomar un petisco na Arca da Noe, taberna de Vilar de Santos.

Itinerario

FARAGULLAS. LUGAR MOSQUEIRO, 17, 32651 OURENSE

Día : decembro 2, 2023

Hora : 11:00 am

COAS MANS NA MASA (11.00H - 14. 30H)

Ademais de ensinar todo o proceso de elaboración e os ingredientes necesarios para facer o pan, durante este taller:
→ Xogaremos con diferentes texturas, olores e sabores.
→ Traballaremos a imaxinación e as creacións propias mediante a elaboración.
→ Promoveremos a colaboración e o traballo en equipo.
→ Fomentaremos hábitos saudables alimenticios.

O taller inclúe a elaboración e degustación de pizzas coas familias, e unha bóla galega de pan para levar para casa.

O pago debe realizarse no momento de realizar a experiencia.

As cancelacións de reserva son posibles ata tres días antes da data da experiencia. Despois dese tres días unicamente se recuperará un 50% do custo total da reserva. As instrucións de cancelación inclúense no e-mail de confirmación.

A natureza da experiencia permite que sexa realizada por todo tipo de persoas, incluíndo persoas con mobilidade reducida, dificultades de visión, audición, etc.
Simplemente, por favor, se te enfrontas a algunha limitación motórica, sensorial ou dalgún outro tipo, indícanolo respondendo o e-mail de confirmación para que poidamos atenderte da mellor maneira posible.

Polo momento unicamente podemos ofrecer este taller en galego e castelán.

O número mínimo é de 10 e o máximo de 20 crianzas. Pero se queres realizar o taller de forma máis individualizada ou personalizada, ponte en contacto connosco e confeccionaremos a experiencia para que poida ser levada a cabo.

Idade mínima: 5 anos.
Idade máxima: 16 anos.

Inclúe unha bóla de pan galega por neno/a, e degustación de pizzas.
Todos os materiais necesarios para a realización do taller.