• RESUMO
  • + INFO

Milhulloa, unha experiencia sensorial

En Milhulloa S.Coop.Galega usamos as plantas medicinais ecolóxicas da "Comarca da Ulloa" para elaborar infusións, alimentos ou produtos de coidado e beleza. Ademais, logo de 20 anos de experiencia neste ámbito, lanzámonos a ofrecerche unha experiencia sensorial: propoñemos unha cata a cegas para identificar sabores e olores dos nosos cultivos eco-sustentables.

  • Experiencia dispoñible de luns a venres laborais.
  • Prezo: 10 € por persoa.
  • Máximo 6 persoas.

Email: milhulloa@hotmail.com
Télf. 620783682 | 646569126

Castelán, galego e inglés.

Non é accesible para persoas con mobilidade reducida. Estamos a mellorar esta cuestión.

Chámanos e enviámosche toda a info.

Cartón ou efectivo.