- RESUMO
- ITINERARIO
- GALERIA
- + INFO
É ALDEA, É VIDA
Neste itinerario a familia ao completo gozará visitando o Pobo escola de Lodoselo (a 45 minutos de Ourense, Galicia), coñecendo e participando na súa proposta educativa e de recuperación do patrimonio cultural e social da comunidade rural da man do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. Logo, unha deliciosa comida esperaravos en Vilar de Santos, concretamente na Arca da Noe. Esta experiencia inclúe a comida con produtos ecolóxicos e de proximidade na taberna e música en directo.
Atención:
- Contacta connosco cunha antelación mínima de 4 días para poder levar a cabo a actividade.
- Ao tratarse dunha experiencia na que se consomen alimentos, por favor comunicade alerxias e intolerancias.
É ALDEA, É VIDA
Itinerario
CDR O VISO (RÚA DÁ IGREXA S/N. 32696 LODOSELO (SARREAUS) OURENSE
Día : decembro 3, 2023
Hora : 11:00 am
ALDEA DE LODOSELO (11.00H - 14.15H)
Iniciamos a nosa aventura no CDR O Viso. Coñeceremos a súa proposta de acompañamento á xente do medio rural da Limia, visitando as instalacións e a vida que hai nelas. A súa vida cotiá, o valor do día a día, das pequenas cousas nas que toda actividade ten un sentido comunitario e ambiental: coidarme, coidarte e coidarnos.
Que faremos?
→ Acompañar e participar nas tarefas de coidado dos animais, como pode ser ir coa burra "Terra" ao monte ou pastorear o pequeno rabaño de ovellas, entre outras das tantas tarefas que levaremos a cabo!
→ Explorar no xardín sensitivo a través do xogo. Trátase dun espazo ao redor do Centro de Inclusión para o deleite do espírito e os sentidos; toda unha aventura para ser conscientes e crear consciencia.
ARCA DA NOE (RÚA DO FORNO, VILAR DE SANTOS, OURENSE)
Día : decembro 3, 2023
Hora : 2:30 pm
COMIDA - CONCERTO (14.30 H)
Noemí espéravos na Arca da Noe (a 11 minutos en coche) para facer que sigamos viaxando, pero desta vez a través do gusto coas súas exquisitas propostas gastronómicas de proximidade. Podedes elixir entre:
a) Hamburguesa de carne de Boi de Allariz con pan do forno tradicional de Faragullas, queixo do Rexo e marmelada de Carabuñas + bebida
b) Táboa de embutidos variados de Sabor d’Aldea e queixos do Rexo con marmeladas de Carabuñas e pan de Faragullas + bebida.
c) Tostas de Shiitake ecolóxico de Trives con pan do forno de Faragullas e queixo (opcional) do Rexo + bebida
*As bebidas poden ser: auga, cervexa artesá, zumes ecolóxicos, refrescos ou viño.
Esta taberna é considerada como o epicentro da música e cultura da comarca da Limia polo que gozaredes dun concerto en directo.
O pago debe realizarse no momento de realizar a experiencia.
As cancelacións de reserva son posibles ata tres días antes da data da experiencia. Despois dese tres días unicamente se recuperará un 50% do custo total da reserva. As instrucións de cancelación inclúense no e-mail de confirmación.
A natureza da ruta permite que sexa realizada por todo tipo de persoas, incluíndo persoas con mobilidade reducida, dificultades de visión, audición, etc.
Simplemente, por favor, se te enfrontas a algunha limitación motórica, sensorial ou dalgún outro tipo, indícanolo respondendo o e-mail de confirmación para que poidamos atendente da mellor maneira posible.
Polo momento unicamente podemos ofrecer esta ruta de experiencias en galego e castelán.
- CDR O Viso: traballamos no empeño de cambiar o medio rural visitable por un medio rural habitable e habitado. Entre as nosas áreas de traballo destacamos: o pobo escola, porque é preciso unha aldea para educar ás crianzas; o Albergue, na procura dunha nova ruralidade; espazo na natureza, educación ambiental como inmersión na realidade; Educación Familiar na Limia e casa niño; e agrogandeiría da diversidade e a paisaxe.
- A Arca da Noe: un espazo de encontro, conversas e sorpresas. Unha sala de concertos mesturada con taberna cunha programación densa de música, workshops, actividades familiares e vivencias que só vas atopar aquí. Un lugar para perderse na paisaxe, os sabores e descubrir novos sons e sons de sempre.
- Carabuñas: detrás do proxecto estamos Eva e Nelson, “Os do sabugueiro”. O noso proxecto nace en 2012, cando empezamos a experimentar e elaborar receitas co sabugueiro.. Decidimos innovar e esta árbore converteuse no protagonista indiscutible da nosa marca e de parte da nosa historia.
- Sabor d’Aldea: produtos e embutidos da comarca da Limia 100% ecolóxicos e de proximidade.
- O Rexo: o noso queixo nace do apego á terra, do desexo de manter o territorio nas mesmas condicións en que os nosos avós e avoas nolo deixaron en herdanza. A nosa granxa está situada no ecoespazo; a obra resultante da intervención pictórica e escultórica do artista vasco Agustín Ibarrola nun espazo natural. Animámoste a visitar a nosa granxa, situada a escasos 20km de Vilar de Santos.
- Faragullas. Somos Carme e Fernando e realizamos pan e doces, entre outros produtos, no noso forno tradicional respectando o proceso artesanal e utilizando produtos ecolóxicos e de proximidade. Tamén ofrecemos talleres de pan para os e as máis peques. Estamos en Vilar de Santos.
Non hai número mínimo. O máximo é ata completar aforamento.
Non. Esta ruta é para todas as idades.