- RESUMO
- ITINERARIO
- GALERIA
- + INFO
Visita guiada a Santa Mariña de Augas Santas e Armea
Convidámoste a coñecer e gozar de Santa Mariña de Augas Santas e o Conxunto Arqueolóxico de Armea, lugar onde lenda, tradición e cultura danse a man para guiar aos visitantes nunha máxica e fermosa ruta.
- Reservas ata 48 h. antes da data seleccionada
- Horarios adaptables tarde ou mañá
- Experiencia dispoñible todo o ano
- Prezo: 14€ por persoa
- Grupo mínimo 5 persoas e máximo 20.
DESCOBRE GALICIA
Un paseo por Santa Mariña de Augas Santas e Armea
Desde Xeitura S. Coop. Galega convidámoste a descubir connosco lugares tan especiais como Santa Mariña de Augas Santas, unha aldea moi especial que che leva ao Conxunto histórico-arqueolóxico de Armea. Lugares escondidos e especiais que están só a 20 minutos de Ourense.
Itinerario
1. Punto de partida
O noso punto de partida é a Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas. Aquí coñecerémonos e empezaremos a visita guiada, que inclúe a entrada á mesma.
2. Armea
Desde a aldea de Santa Mariña de Augas Santas dirixímonos á nosa segunda parada: Armea. Aquí poderemos admirar o Forno e "asento da Santa" para acabar no Castro ou Cibdá de Armea coñecendo as súas historias ata os nosos días.
RESERVAS: noemiad@xeitura.com ou
609 474 976
Importante! Reservar 48 horas antes do día elixido
Castelán e galego.
Mínimo: 5 persoas.
Máximo: 20 persoas.
Non é apta para todos os públicos.
Chámanos e enviámosche toda a info.
Transferencia bancaria ou en man á guía.
Calzado e roupa apropiada para camiñar por unha ruta facil polo monte ata Armea e o Castro.
No caso de choiva ou de realizala pola tarde recoméndase roupa de choiva e lanterna.