• RESUMO
  • ITINERARIO
  • + INFO

BO FACER, BO COMER

Ameixoeira S. Coop. GalegaTalangreira do Beque S. Coop. Galega unímonos para ofrecer unha experiencia completa que inclúe unha ruta para coñecer a nosa granxa caprina e o obradoiro de queixos, un obradoiro de queixo fresco e degustación, e unha experiencia gastronómica a base dun menú confeccionado cos produtos de Ameixoeira.

A experiencia ten unha duración aproximada de 4 horas e realízase durante todo o ano, xeralmente os sábados, pero é posible realizala outros días segundo dispoñibilidade.

É recomendable gozala en grupo, de 8 a 12 persoas. Preguntar en caso de ser menos, xa que podemos organizar e xuntar a máis persoas interesadas para ter o grupo mínimo.

Prezos:

  • 60€ persoa adulta
  • 40€ entre 8 e 16 anos
  • 75€ persoa adulta + menor de 8 anos (que elaboren xuntos un único queixo fresco)

  • Se tes algunha dúbida, queres concretar a visita ou reservar, chámanos a 620995030 ou ao  672 15 91 03, ou escríbenos a susaameixoeiracoop@gmail.com 

Onde estamos? En lugar A Fraga , Sabugueiro, Polígono.12 Parcela 3. Pontevedra, 36959.

BO FACER, BO COMER

obradoiro de queixos , degustación e comida

A experiencia ten unha duración  aproximada de 4 horas e engloba as seguintes actividades:

Itinerario

Hora : 10:00 am

Visita guiada

Realizaremos unha visita guiada pola granxa e a nosa queixería, onde explicaremos como elaboramos os nosos produtos de forma artesanal.

Hora : 11:30 am

obradoiro  de queixo fresco

Desprazarémonos á Cooperatiava A Talangreira (5 min. a pé) para realizar o taller de queixo fresco. Así, cada persoa realizará o seu queixo mentres explicamos os procesos. Ao terminar, realizaremos unha pequena cata guiada dos produtos que elaboramos.

Hora : 1:30 pm

Comida na Petisquería da Talangreira

Para culminar a experiencia, gozaremos dun exquistito menú para comer.
*Menú confeccionado segundo produtos de tempada, preguntarnos e indicade preferencias/ intolerancias alimenticias.

Mediante transferencia. Pago en man no momento da reserva.

Polo momento unicamente podemos ofrecer esta experiencia en galego e castelán.

De 8 a 12 persoas por grupo. Preguntar en caso de ser menos para tentar configurar grupo mínimo pola nosa banda.

A visita á granxa e quesería ten limitacións para persoas con mobilidade reducida.

Explicarémosche todo por télf. ou email, pero estamos en lugar A Fraga , Sabugueiro, Polígono.12 Parcela 3. Pontevedra, 36959.