• RESUMO
  • ITINERARIO
  • + INFO

Viaxe en barco e ruta guiada polas Illas Atlánticas 

Elixe unha das catro illas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e descobre as súas peculiaridades connosco, somos Cuarzo Verde!
A contorna de cada illa (Cíes, Ons. Sálvora e Cortegada) é diferente e único, como tamén o son os seres vivos que as habitan. Xuntas descubriremos a historia de cada illa e os porques da súa abundante biodiversidade.
Organizamos visitas guiadas de interpretación de patrimonio cultural e natural ás catro illas do Parque Nacional.
Eliximos as mellores épocas do ano para visitar cada illa e observar a súa fauna respectando o seu benestar durante todo o ciclo da súa vida, prestando atención especial aos seus períodos de reprodución e cría.

  • Persoas adultas a partir de 30 €.
  • Experiencia dispoñible todo o ano, suxeita ás condicións climatolóxicas en mar e terra.
  • Prezos:
    • Persoas adultas a partir de 30 €.
    • A consultar prezo para grupos e escolares ou público infantil.

ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA 

Viaxe en barco e ruta guiada

Horarios e programación orientativa, modificables segundo a época do ano, o grupo e a illa visitada.

Itinerario

9.40 h. Encontro do grupo.

Indicaremos o punto de encontro segundo as illas elixidas.

10:00 h. Saída en barco.

10:30 h. Comezo da ruta guiada.

14:30 h. Finalización de ruta en barco e tempo libre..

18.00 h. Volta en barco.

WEB: https://www.cuarzoverde.es/nuestros-servizos/
EMAIL: pilarcuarzoverde@gmail.com
TELÉFONO: 722 423 749

A saída realízase cunha asistencia mínima de 20 persoas, pero nós
tamén captamos persoas pola nosa conta para formar o grupo.

Esta experiencia é apta para persoas sen restricións de mobilidade, non é accesible para cadeiras de rodas nin carriños de bebé. Pero é unha ruta de dificultade baixa.

Por transferencia bancaria. É necesaria reserva e inscrición na nosa web:
https://www.cuarzoverde.es/regalo-experiencias-especial-nadal/. Coa confirmación de reserva, enviamos os datos bancarios por email.