• RESUMO
  • ITINERARIO
  • + INFO

Visita guiada polo Centro histórico de Ourense

Ourense é a gran descoñecida das capitais galegas, pero unha vez coñécela sempre queres volver. De orixe romana, a nosa visita percorre 2000 anos de historia da vella Auria. 

  • Reservas ata 48 h. antes da data seleccionada
  • Horarios adaptables tarde ou mañá
  • Calquera época do ano
  • Prezo: 16€ por persoa
  • Grupo mínimo 5 persoas e máximo 20

RUTA GUIADA POR OURENSE

Unha viaxe a través do tempo e a historia

Desde Xeitura S. Coop. Galega  convidámoste a descubir connosco a cidade romana ou tamén coñecida como a cidade das Burgas.

Itinerario

1. Punto de partida e percorrido

O noso punto de partida é a fonte das Burgas. Desde a fonte pasearemos polo centro histórico coas súas fermosas prazas, rechamantes rúas e agochos especiais. Dedicaremos gran parte do noso paseo a deleitarnos coa Catedral de San Martiño, unha das máis espectaculares do país.

RESERVAS: noemiad@xeitura.com ou
609 474 976
Importante! Reservar 48 horas antes do día elixido

Mínimo: 5 persoas.
Máximo: 20 persoas.

Para evitar zonas con escaleiras, é necesario avisar e así adaptamos o percorrido ás túas necesidades.

Chámanos e enviámosche toda a info.

Transferencia bancaria ou en man á guía.