• RESUMO
  • ITINERARIO
  • + INFO

Ruta guiada polos Montes de Redondela + Menú Degustación Cociña Vegana de Autor

Atrévete a descubrir a contorna dos Montes de Redondela (Pontevedra) nunha ruta guiada polo seu patrimonio histórico e natural da man de Cuarzo Verde. Culminaremos a xornada cun Menú Degustación de deliciosa e sorprendente cociña vegana en Espaço Vivo. Con esta experiencia queremos pór en valor as nosas contornas máis próximas e dar unha mostra de como a natureza leva moldeando a vida do home desde tempos inmemoriais.

  • Experiencia dispoñible os sábados, previa reserva con antelación de 48h.
  • Prezos:
    • 35 €/persoa adulta
    • 28 €/nenos de 7 a 12 anos (menú completo).
    • 22 €/nenos menores de 7 anos (medio menú)

CAMIÑA, DESCOBRE E COME!

Ruta guiada polos Montes de Redondela + Menú Degustación Cociña Vegana de Autor

Itinerario

9.40 h. Encontro do grupo.

10:30 h. Comezo da Ruta Guiada.

13:30 h. Finalización da ruta.

14:15 h. Encontro en Espaço Vivo.

14:30 h. Menú Degustación.

 

WEB: https://www.cuarzoverde.es/nuestros-servizos/
EMAIL: pilarcuarzoverde@gmail.com
TELÉFONO: 722 423 749

A saída realízase cunha asistencia ideal de 15-20 persoas, pero nós
tamén captamos persoas pola nosa conta para formar o grupo.

Esta experiencia é apta para persoas sen restricións de mobilidade, non é
accesible para cadeiras de rodas nin carriños de bebé. Pero é unha ruta de dificultade
baixa.

Chámanos e enviámosche toda a info. Os asistentes deben ter vehículo propio ou organizar os seus desprazamentos con outros membros do grupo para chegar ao momento de encontro e a Espaço Vivo.

Por transferencia bancaria. É necesaria reserva e inscrición na nosa web:
https://www.cuarzoverde.es/regalo-experiencias-especial-nadal/. Coa confirmación de reserva, enviamos os datos bancarios por email.