- RESUMO
- ITINERARIO
- GALERIA
- + INFO
PASEOS ILUSTRADOS
Gústache a natureza? Teñas ou non experiencia en acuarela, gústache pintar? Se a resposta é si, esta experiencia é para ti.
Ofrecémosche combinar a arte co medio natural e o territorio. Esta experiencia está estruturada por un paseo ou deriva de observación que será guiado por unha guía acorde á temática elixida (botánica, fauna...). Durante este paseo recolleremos información para a sesión de debuxo. Pararemos para comer en grupo e posteriormente realizaremos un obradoiro de acuarela.
Esta experiencia realízase todo o ano, pero aconséllase especialmente realizala no outono e primavera.
- Queres estender a túa experiencia e descansar no noso aloxamento? Se é así, podes reservar algún dos nosos apartamentos Witericus.
Duración da experiencia: 6 h. sen contar a parada da comida.
Número mínimo de persoas: 10
Prezo: 35€ persoa
PASEOS ILUSTRADOS
experiencia de ilustración naturalista
En Dás Aradas S. Coop. Galega somos arte e natureza, hospedaxe, contacto co territorio, divulgación... SOMOS TURISMO CONSCIENTE!
Por todo isto e máis, ofrecémosche unha experiencia que combina a natureza e a arte. Así, realizaremos un percorrido polos espazos naturais da nosa aldea de Carballedo, para observar e conectar coa natureza e despois debuxala. A experiencia inclúe:
Itinerario
Hora : 10:30 am
Recepción
Recepción das persoas participantes e presentación da actividade:
- Temática elixida
- Pasos a seguir durante o día
Hora : 11:00 am
Ruta
Paseo guiado pola natureza, inspiración e explicación de como recoller a información que queremos plasmar nos nosos debuxos.
Hora : 12:30 pm
Parada café e aperitivos
Hora : 1:00 pm
Posta en común
Posta en común e realización de esbozos.
Hora : 2:00 pm
COMIDA
Comida en grupo
Hora : 4:00 pm
Taller de ilustración
Obradoiro de ilustración en acuarela.
Mediante transferencia ou Bizum ou no momento con TPV ou metálico.
Polo momento unicamente podemos ofrecer esta experiencia en galego, castelán e portugués.
É necesario ser un grupo de 10 persoas mínimo para realizar esta actividade.
Non é preciso ter experiencia previa.
Esta experiencia pódese adaptar a persoas con mobilidad reducida.
Si, podes chamarnos ao 646851530