• RESUMO
  • ITINERARIO
  • + INFO

Allariz, paraíso gastro-cultural

Neste itinerario pasarás un día descubrindo novos espazos e sabores a través dunha ruta guiada pola vila de Allariz e a parroquia emprendedora de Vilar de Santos. Unha ruta chea de cultura e gastronomía para realizar soa ou acompañada, e con moitas experiencias singulares no camiño. Comeza en Allariz, a tan só 25km de Ourense.

Itinerario

1. VISITA CULTURAL GUIADA POR XEITURA( 11.00 - 12.30 )

Día : decembro 16, 2023

Hora : 11:00 am

Coñece a historia da vila de Allariz a través das historias máis curiosas que alí sucederon. Esta ruta é guiada por XEITURA, unha cooperativa con equipa multidisciplinar especializada na investigación, protección e difusión do patrimonio.
Punto de encontro: PRAZA DE ABASTOS (Praza do Matadeiro, 1, 32660 Allariz, Ourense)
Duración: 90 min.

2. DEGUSTACIÓN PRODUTOS LOCAIS

Día : decembro 16, 2023

Hora : 12:30 pm

Degustación de produtos dentro do mercado de Allariz. Pan de leite de Faragullas con marmelada de sabugueiro de Carabuñas + Pan de trigo e centeo de Faragullas, con queixo de Ou Rexo + Galletas de algarroba de Faragullas.
A degustación será coordinada por Xeitura.

3. TEMPO LIBRE 13.00 - 17.00

Día : decembro 16, 2023

Hora : 1:00 pm

4. VISITA GUIADA NO REXO

Día : decembro 16, 2023

Hora : 5:00 pm

Despois de comer, desprazarédesvos en coche (8 min desde Allariz) ao Ecoespazo do Rexo, onde vos espera Noemí de Xeitura para explicarnos o proxecto do Rexo e guiarnos a través da granxa ecolóxica, visitar ós animais e á quexería.
Punto de encontro: ECOESPAZO O REXO (Ecoespazo O Rexo, 32667 Allariz, Ourense)
Duración da visita: 60 min.

TEMPO LIBRE

Día : decembro 16, 2023

18.00 - 21.30

Antes de gozar de céa-concerto, deixámosvos unha serie de recomendacións para coñecer un pouquiño máis da Reserva da Biosfera Área de Allariz:
- Paseo e avistamento de aves nas lagoas das "Areeiras dá Limia"
- Visita ao Museo Etnográfico da Limia
- Visita ao Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras
- Visita á Torre de Sandiás

5. CEA CONCERTO

Día : novembro 16, 2023

Hora : 9:30 pm

CEA CONCERTO.

A Arca dA Noe (Rúa do Forno, 13, 32650 Vilar de Santos, Ourense)
Nota: o prezo desta ruta non inclúe o valor da cea. Si que se asegura a reserva dunha mesa para ver o espectáculo, pero como o menú non está pechado, cada persoa aboará de maneira externa o prezo da cea ao finalizar o espectáculo no propio establecemento.

O pago debe realizarse no momento de realizar a experiencia.

As cancelacións de reserva son posibles ata tres días antes da data da experiencia. Despois dos tres días unicamente se recuperará un 50% do custo total da reserva. As instrucións de cancelación inclúense no e-mail de confirmación.

O percorrido por Allariz pódese adaptar as persoas con mobilidade reducida, aínda que debemos sinalar que a zona é empedrada. De igual modo, o acceso ao mercado de Abastos onde se realiza a degustación está adaptado. Doutra banda, a visita guiada ao Ecoespazo O Rexo pódese adaptar na zona exterior, pero quizais hai algunha parte da queixería ou a granxa que difulta o seu acceso ao completo.

Galego, castelán ou portugués.

- A Arca dá Noe: un espazo de encontro, conversas e sorpresas. Unha sala de concertos mesturada con taberna cunha programación densa de música, workshops, actividades familiares e vivencias que só vas atopar aquí. Un lugar para perderse na paisaxe, os sabores e descubrir novos sons e sons de sempre.
- Carabuñas: detrás do proxecto estamos Eva e Nelson, “Os do sabugueiro”. O noso proxecto nace en 2012, cando empezamos a experimentar e elaborar receitas co sabugueiro. Decidimos innovar e o sabugueiro converteuse no protagonista indiscutible da nosa marca e de parte da nosa historia..
- O Rexo: o noso queixo nace do apego á terra, do desexo de manter o territorio nas mesmas condicións en que os nosos avós e avoas nolo deixaron en herdanza. A nosa granxa está situada no ecoespazo; a obra resultante da intervención pictórica e escultórica do artista vasco Agustín Ibarrola nun espazo natural. Animámoste a visitar a nosa granxa, situada a escasos 20km de Vilar de Santos.
- Faragullas. Somos Carme e Fernando e realizamos pan e doces, entre outros produtos, no noso forno tradicional respectando o proceso artesanal e utilizando produtos ecolóxicos e de proximidade. Tamén ofrecemos obradoiros de pan para os e as máis peques. Estamos en Vilar de Santos.

O número mínimo é de 10 persoas, e ao máximo de 20.

Esta é unha ruta dirixida especialmente a persoas adultas, xa que tanto o percorrido como a dinámica non está pensada para adaptarse a peques. De igual modo, a idade mínima recomendable para participar no percorrido é de 14 anos aprox.