• RESUMO
  • + INFO

Visita a granxa ecolóxica de Porco Celta e degustación

Visita guiada á nosa explotación ecolóxica onde podes coñecer e interactuar con diferentes razas autóctonas galegas como é o Porco Celta, a ovella galega, galiñas de diferentes razas (como a de mos ou a piñeira), cabras ananas, coellos, e o burro Caramelo. Ademais, atopámonos nunha contorna especial: Osmo, unha pequena aldea da provincia de Ourense onde reconectar e gozar da natureza. Para finalizar, ofrecemos unha degustación dos produtos que elaboramos.

  • Experiencia dispoñible os fins de semana e festivos. En caso de escolares, en días lectivos.
  • Reserva previa de mínimo 48h.
  • Prezos:
    • 10 €/persoa adulta.
    • Tarifa escolares ou grupos a consultar.

Importante reserva previa. Existe a posibilidade de cancelar ou pospoñer a visita en caso de condicións climatolóxicas desfavorables.
Contacta a 660042331 ou por e-mail info@cienporcel.com

Non hai número mínimo. O máximo é de 15 persoas.

100% accesible.

Cartón ou efectivo.