• RESUMO
  • ITINERARIO
  • + INFO

Visita guiada polo Centro histórico de Ribadavia

A vila histórica de Ribadavia, Floravia para algún escritor de renome, ten moito que contar. O seu pasado medieval, ligado á produción do viño, fai dela un dos lugares máis visitados na provincia de Ourense.

  • Reservas ata 48 h. antes da data seleccionada
  • Horarios adaptables tarde ou mañá
  • Calquera época do ano
  • Prezo: 14€ por persoa
  • Grupo mínimo 5 persoas e máximo 20

RUTA GUIADA POR RIBADAVIA

unha das vilas medievais con máis historia, tradición e cultura

Coa ruta guiada por Xeitura S. Coop. Galega descubrirás igrexas románicas, o castelo, a xudaría ou o viño do Ribeiro. Tradición, historia e cultura que conflúen e sorpreden a cada visitante que visita Ribadavia. Queres descubrir que relación tivo Cristóbal Colón con esta fermosa vila? Ou descubrir quen foron as chamadas "Schindler" galegas? Ven connosco a descubrilo!

 

RESERVAS: noemiad@xeitura.com ou
609 474 976
Importante! Reservar 48 horas antes do día elixido

Mínimo: 5 persoas.
Máximo: 20 persoas.

Para evitar zonas con escaleiras, é necesario avisar e así adaptamos o percorrido ás túas necesidades.

Chámanos e enviámosche toda a info.

Transferencia bancaria ou en man á guía.