O Camiño ESS está xestionado por L’Olivera (Cataluña), Reas Aragón, El Colletero (A Rioxa), Centro de Desenvolvemento Rural de Carrión de los Condes (Castela e León) e Reas Galicia.

En L’Olivera temos unha ampla experiencia na dinamización territorial e no apoio ás persoas en risco de exclusión cara a unha vida plena.

En 2017 iniciamos unha nova liña de negocio baseada no Enoturismo Social e Sostible a través da que se xeraron 6 postos de traballo para persoas con discapacidade. En 2020 puxemos en marcha unha empresa de inserción dedicada exclusivamente a este fin.

Dende 2015, a nosa entidade vén apoiando o emprendemento colectivo e acompañando a constitución e consolidación de iniciativas emprendedoras cos principios e valores da Economía Social e Solidaria.

Apoiamos máis de 300 proxectos en distintos sectores a través do programa Centro de Recursos para a Innovación Social e o Fomento das Cooperativas, máis coñecido como Emprendes.net. Dende este programa apoiamos un gran número de proxectos relacionados co turismo sostible en diferentes sectores, a soberanía alimentaria, o lecer e vacacións, o cicloturismo, proxectos culturais, proxectos de benestar, proxectos asistenciais e proxectos directamente dirixidos á dinamización do mundo rural.

Foi fundada no ano 2000 para xerar emprego, formación e desenvolvemento sostible e equidade para o concello de Nalda e o seu medio rural.

A través de redes de mulleres rurais traballamos con xente de todas as vilas. Xuntos loitamos contra o despoboamento, buscando que as experiencias agrotransformadoras con contido biocultural se convertan en fontes de emprego ou de aumento de ingresos a través dun turismo sostible.

Dentro de REAS Rioja, rede á que pertencemos como entidade, traballamos para xerar un mercado social rural, que visibilice o papel destas experiencias no desenvolvemento sostible e na custodia do territorio. Como no caso das mulleres artesás, pretendemos que sexa un recurso turístico que permita a vida e a permanencia nas vilas.

Foi fundada en 1990 co obxectivo de xerar procesos de desenvolvemento integral, vinculados á implantación de servizos e actividades que melloren a calidade de vida das persoas da comarca de Carrión de los Condes (Palencia). Dende hai máis de 30 anos puxemos en marcha diferentes proxectos vinculados á educación, aos servizos sociais, ao desenvolvemento económico e ao coidado do medio ambiente.

Na última década, baixo o lema: “Sostendo a vida en Tierra de Campos: Coidando as persoas e o territorio que habitan” leváronse a cabo accións como: apoio ás iniciativas de emprendemento na comarca; posta en marcha do Proxecto Tierra (restaurante, venda de produtos de proxectos sociais, alimentación ecolóxica e local); servizo de entrega de alimentos nas localidades da comarca; bolsa de emprego e intermediación laboral; formación para o emprego; e organización de actividades culturais e de dinamización da comarca.

.

Dende 2012, ano da súa fundación, na Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia traballamos en accións que nos permitan coordinar, dinamizar e fortalecer o tecido socioeconómico e empresarial das entidades adheridas á carta de principios da Economía Solidaria. . Entre as entidades socias de REAS Galicia atópanse organizacións vinculadas ao desenvolvemento rural, á xestión cultural e do patrimonio, á etnografía, á educación ambiental ou ao turismo rural.

Nos últimos anos, concretamente desde 2020, vimos desenvolvendo, grazas ao apoio da rede EUSUMO, o programa de apoio á mellora da comunicación das entidades de Economía Social. O obxectivo deste programa é dar apoio ás entidades para construír unha historia que lles permita diferenciarse e visibilizar o seu factor diferenciador como organizacións que teñan un impacto social positivo. Nestes anos prestouse un asesoramento personalizado a 120 entidades pertencentes á Economía Social Galega.

.