• RESUMO
  • + INFO

A paisaxe como Memoria da Humanidade

No Centro de Desenvolvemento Rural O Viso queremos transmitir moito máis que unha experiencia baseada na natureza, xa que a experiencia da comunidade é a clave na Educación Ambiental. Participar, axudar, colaborar, contribuír, intervir... Non é cuestión de tratar ao medio como unha entidade disociada das persoas: non separamos o humano do medio.

Convidámoste a coñecer o noso traballo coa recuperación das casas da Memoria como espazos que recollen desde a microtoponimia ata as historias vividas nas minas de estaño... ou o Humidal Antonio Vilarino, aquí na veiga entre Lodoselo e Vilaseca para refuxio da "avefría" ou "choromica", e a seguír contribuíndo en harmonía co medio; porque os coidados inclúen o territorio. Co vínculo que leva o saber que forma parte de nós, coa obrigación da responsabilidade que xera o aprecio do valioso e a esixencia de corresponder. É o noso soporte vital. Producimos alimentos que nutren, con prácticas centradas na restauración do solo (compostamos e favorecemos a biodiversidade). Producimos non só para obter cultivos, tamén para alimentar a vida do solo.

Consulta todas as actividades e experiencias no noso dossier.

  • Duración: configuramos a duración da experiencia segundo as túas preferencias.
  • Prezo: segundo actividades a escoller para a experiencia.
  • Número mínimo:
    • Con servizo de comidas e albergue: 15 persoas.
    • Só experiencia guiada: 5 persoas.

Contacta connosco para configurar a experiencia segundo preferencia e prezos!

RESERVAS:
www.cdroviso.org
arcorbal@gmail.com
604031456

A consultar dispoñibilidade.

Nos espazos construídos é accesible, nos espazos naturais depende das condicións metereolóxicas.

Chámanos e enviamos toda a info.
Lugar Ou Castro, 5, 15391 Estrada, 15391 Cesuras, A Coruña

A través da web ou mediante transferencia ou en metálico.