• RESUMO
  • RESERVA ✌
  • ITINERARIO
  • + INFO

Mazás, sidra e bolboretas

Era unha vez, nun pobo agochado dos Pirineos, reconstruído pedra a pedra polas xentes que o habitan, un lugar secreto onde crecen mazás de variedades antigas, rodeadas de bolboretas, e onde se elaboran, de maneira tradicional, tres tipos de sidra ecolóxica.

Con esta experiencia chegarás ao descoñecido pobo de Artosilla, visitarás unha plantación de máis de 60 variedades de mazás recuperadas, descubrirás un lagar tradicional, aprenderás como se fai a sidra e realizarás unha cata de sidras con embutidos e queixos dos Pirineos. Ademais, é posible complementar a visita cun guía especializado en bolboretas... Que che parece?

  • Para realizar é necesario un mínimo de 4 persoas e un máximo de 10.
  • O prezo non inclúe a actividade con bolboretas. É necesario indicar despois da confirmación da reserva; as condicións e prezos das visitas con guía de bolboretas xestionaranse tras ela.

Please wait...

A túa experiencia comeza e remata en Artosilla, unha antiga aldea situada no Pre-Pirineo e que é propiedade do Goberno de Aragón; en 1986 foi cedida, xunto coas aldeas de Aineto e Ibort, á Asociación Artiborain, para que puidese reconstruías e repoboalas tras máis de dúas décadas de abandono, esquecemento e deterioro.

Neste pobo tan especial atópase Sidrería A Finestra, unha pequena iniciativa respectuosa co medio ambiente e co entorno, que, ademais de elaborar tres variedades de sidra ecolóxica, promove a recuperación de especies autóctonas e en perigo de mazás.

A experiencia inclúe:

-        Visita a unha plantación de recuperación de máis de 60 variedades de mazás antigas, autóctonas, de altura e de variedades non comerciais incluídas nun convenio de colaboración co CITA do Goberno de Aragón, co obxectivo de preservar a biodiversidade.

-        Visita ao Lagar ou adega na que se descobre o proceso de elaboración da sidra.

-        Degustación dos tres tipos de sidra, queixos e embutidos tradicionais dos Pirineos.

-        O manexo da plantación, que respecta a cuberta vexetal autóctona, permite complementar a visita cun guía especializado en bolboretas previa reserva.

A experiencia págase directamente en A Finestra, en efectivo ao chegar, por bizum ou por transferencia previamente.

A reserva debe realizarse como mínimo con tres días de antelación.

Avísase co máximo tempo posible por whatsapp a María Jesús no 680742651

Para durmir, recomendámosche achegarte a l'Almada de Yebra, na localidade de Yebra de Basa, un albergue social que tamén forma parte de El Camino ESS e que ofrece habitacións con baño privado.

Podes contactar con María Jesús, de A Finestra, a través do correo electrónico mariajecorba@hotmail.com ou chamando ao teléfono 680742651 (ten en conta que non hai moita cobertura na aldea; é mellor que mandes un WhatsApp).

Ademais de visitar a aldea, animámoste a visitar outras experiencias dispoñibles en El Camino ESS na mesma zona.

O entorno de Artosilla é complicado para o acceso en cadeira de rodas ou para persoas con mobilidade reducida.