A paisaxe como Memoria da Humanidade
No Centro de Desenvolvemento Rural de O Viso queremos transmitir moito máis que unha experiencia baseada na natureza, xa que a experiencia comunitaria é a chave en Educación Ambiental. Participar, axudar, colaborar, contribuír, intervir… Non se trata de tratar o medio como un ente disociado das persoas: non separamos o humano do medio.