RESPIRA GALICIA

DESTINOS / GALICIA

Te atreves?

3 Hour(s)
23

No Centro de Desenvolvemento Rural de O Viso queremos transmitir moito máis que unha experiencia baseada na natureza, xa que a experiencia comunitaria é a chave en Educación Ambiental. Participar, axudar, colaborar, contribuír, intervir… Non se trata de tratar o medio como un ente disociado das persoas: non separamos o humano do medio.

6 Hour(s)
20

Todo un día descubrindo novos espazos e sabores a través dun percorrido pola vila de Allariz e a parroquia emprendedora de Vilar de Santos. Unha ruta chea de cultura e gastronomía, para realizar só ou acompañado, e con moitas experiencias únicas para atopar no camiño. Comeza en Allariz, localidade a tan só 25 km de Ourense.

1 Night(s)
2

Pensión de dúas estrelas composta por dúas casas independentes nun entorno rural perfecto para descansar e conectar coa natureza.

4 Hour(s)
12

Visita a nosa granxa e queixería para coñecer todo o proceso artesanal de elaboración dos queixos ecolóxicos.

6 Hour(s)
17

Descubre a contorna da Serra de Redondela (Pontevedra) nunha ruta guiada polo seu patrimonio histórico e natural con Cuarzo Verde e degusta un Menú Degustación de deliciosa e sorprendente cociña vegana no Espazo Vivo.

2 Hour(s)
3

Goza dunha experiencia 100% sensorial: degustación a cegas para identificar sabores e cheiros dos nosos cultivos eco-sostibles.

3 Hour(s)
15

Visita guiada pola nosa granxa ecolóxica onde poderás coñecer e interactuar con diferentes razas autóctonas galegas e degustar os nosos produtos.

2 Hour(s)
15

Experiencia gastronómica a través dun menú degustación vegano elaborado con produtos de tempada e locais da nosa horta.

5 Hour(s)
17

O lecer en familia é unha das mellores formas de fortalecer vínculos e recordos para toda a vida. Propoñémosvos viaxar en familia doutro xeito: pola Economía Social e Solidaria, descubrindo a cultura, coñecendo á xente do lugar que visitades e degustando a gastronomía mentres os vosos pequenos tamén se divirten e experimentan cos seus sentidos.

6 Hour(s)
18

Nesta experiencia propoñémosche pasar un día coa túa familia coñecendo de primeira man o que é a Economía Solidaria dun xeito diferente. Ti e a túa familia acompañaredes cada paso da vosa vida cotiá na aldea de Lodoselo. Coa axuda do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) do Viso, coidarás dos animais do Pueblo Escuela, acompañarás, coñecerás aos veciños, explorarás o sensible xardín… Despois desta aventura gozarás dun exquisito XANTAR-CONCERTO en Vilar de Santos, concretamente na taberna “A Arca da Noe”.

1 Hour(s)
13

Visita a nosa granxa e queixería para coñecer todo o proceso artesanal de elaboración dos queixos ecolóxicos e gozar dunha degustación.

3 Hour(s)
20

Ruta guiada: descobre unha das vilas máis fermosas de Galicia e o Xacemento Arqueolóxico de Armea.

3 Hour(s)
47

En Labrecos S. Coop. Galega realizamos actividades de ecoturismo dirixidas a nenos, familias e tamén adultos. Adaptamos obradoiros de horta rexenerativa, obradoiros de arte, obradoiros de produción de biofertilizantes, visitas guiadas á explotación, visitas arqueolóxicas aos Castros… Coñece a nosa proposta básica e xuntos crearemos a experiencia completa!

N/A
No Size Limit

Escolle unha das catro illas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e descubre as súas peculiaridades.

2,45 Hour(s)
6

A Fundación Uxío Novoneyra está situada na aldea de Parada, no Courel. Unha aldea situada a 761 m. alto no que descubrirás un patrimonio impresionante. Coa nosa visita gozarás da literatura, da etnografía e da tradición, da impresionante paisaxe, da nosa cultura campesiña…

6 Hour(s)
10

Usa a arte para conectar coa natureza! Esta experiencia inclúe unha ruta para recoller a información que despois debuxaremos en acuarela e unha comida.

4 Hour(s)
6

Descubre a natureza submarina das Illas Cíes, declaradas Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

4 Hour(s)
20

Paseo en barco ata a Illa de Tambo, parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e ruta de observación cultural e da fauna.

2.5 Hour(s)
20

Experiencia cultural que consiste nunha ruta guiada polo Centro Histórico de Ourense. Inclúe a entrada á catedral.

2 Hour(s)
20

Descubre coa nosa ruta guiada unha das vilas máis históricas da provincia de Ourense: Ribadavia.

2 Hour(s)
18

Organizamos rutas guiadas e personalizadas por toda Galicia, especialmente pola provincia de Lugo.