• RESUMO
  • RESERVA ✌
  • ITINERARIO
  • + INFO

A experiencia consiste en visitar o taller artesán de Teresa Perelétegui, que realiza traballos en madeira, con madeiras recuperadas (en casas derruidas, obras, vertedoiros, puntos limpos, etc), cortadas e pintadas a man. Na visita poderanse ver traballos xa realizados e os procesos dos devanditos traballos, así como todos os materiais e as ferramentas utilizadas: madeiras, distintas ferramentas de corte e lixado, pinturas etc.

Así mesmo poderanse realizar obradoiros de pintura. Os obradoiros, concertados previamente, poden ser de pintura sobre pezas de madeira xa preparadas con antelación ou sobre outros materiais como lenzo e tea.

Na mesma casa ofrécese aloxamento, xa que conta tamén cunha vivenda
de uso turístico.

Datos de contacto:

 

Please wait...

Itinerario

OBRADOIRO CON MADEIRA

Traballos en madeira, con madeiras recuperadas (en casas derruidas, obras,
vertedoiros, puntos limpos, etc), cortadas e pintadas a man. Na visita poderanse
ver traballos xa realizados e os procesos dos devanditos traballos, así como todos os
materiais e as ferramentas utilizadas: madeiras, distintas ferramentas de corte
e lixado, pinturas etc.

OBRADOIRO DE PINTURA

Os talleres, concertados previamente, poden ser de pintura sobre pezas de madeira xa
preparadas con antelación ou sobre outros materiais como lenzo e tea.

ALOXAMENTO

Espectacular casiña nunha cova, onde descansar  despois de realizar os obradoiros.

Depende do lugar onde establezamos facer a actividade

Pago en efectivo ou con bizum.