• RESUMO
  • RESERVA ✌
  • ITINERARIO
  • + INFO

Somos cooperativa de traballo, un modelo de economía social centrado nas persoas, democrático con vocación de servizo, compromiso social e ambiental. Promovemos a bicicleta como medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e por unha mobilidade sustentable.

Atención:

  • Esta é unha experiencia grupal; necesítase un mínimo de cinco persoas para realizar esta ruta.
  • É necesario reservar cunha semana de antelación.

Please wait...

Esta é unha experiencia que se realiza en bicicleta que se organiza en conxunto coa cooperativa de mobilidade sustentable Biciclot.

Itinerario

BICIHUB CAN PICO

Hora : 4:00 pm

C/ de Pere IV, 58-60

Inicio da ruta

INDUSTRIAS WALDES

Hora : 4:15 pm

C/ de Ramon Turró, 111

Vemos de pasada cunha pequena explicacion as Industrias Waldes. Indústries WALDES SCCL, antigamente WALDES&CÍA, iniciou a súa actividade coa produción de broches, botóns… e outros accesorios metálicos en 1928

FLOR DE MAIG

Hora : 4:25 pm

C/ Doutor Trueta 195

Faremos unha parada para coñecer o Ateneu Cooperatiu Flor de Maig que é un espazo de xestión veciñal de transformación social.

CYDONIA COOPERATIVA DE CONSUMO

Hora : 4:59 pm

Passatge bosch i labrús, 16

Cydonia é unha cooperativa de consumo ecolóxico e responsable que se abastece preferentemente de produción local de alimentos e outros produtos para abastecer a todas as necesidades dos seus socios, facendo do consumo un acto consciente e ético.

PAU I XUSTIZA

Hora : 5:15 pm

C/ de Pere IV, 228

En 1897, un grupo de traballadores crearon unha cooperativa de consumo que acabaría convertida en espazo teatral de xestion veciñal do barrio de Poble nou.

COOPERATIVA DE HABITAGE A PALMA

Hora : 5:25 pm

C. de Espronceda, 135

Balma somos o primeiro proxecto que iniciou obras de entre todos os adxudicados en solo municipal no concurso do Concello de Barcelona de 2016

COOPERATIVA DE HABITAGE L'ABRIL

Hora : 6:00 pm

rúa Pere IV 115,

O proxecto de vivenda cooperativa Abril nace dos movementos sociais e tece alianzas co movemento polo dereito á vivenda no barrio de Poblenou, co ecosistema cooperativo local e coa defensa por un barrio xusto e ao servizo da veciñanza.

CERVESERA DO POBLE NOU

Hora : 6:30 pm

Passatge de Ratés, 13

Somos o primeiro obradoiro da cidade de Barcelona en elaborar exclusivamente cervexas artesás ecolóxicas

O pago debe realizarse o mesmo día da ruta, xa que os gastos son para a asistencia do guia e o xantar en Cafe de Mar

As cancelacións de reserva son posibles ata tres días antes da data da experiencia.

Si, por suposto, pero deberás realizar a reserva coma se fósedes cinco persoas e o custo será o correspondente a ese número. Por tanto, se sodes menos de cinco, o prezo por persoa subirá.

A natureza da ruta permite que sexa realizada por todo tipo de persoas, incluíndo persoas con mobilidade reducida, dificultades de visión, audición, etc.
Simplemente, por favor, se te enfrontas a algunha limitación motórica, sensorial ou dalgún outro tipo, indícanolo respondendo o e-mail de confirmación para que te poidamos atender da mellor maneira posible.

Polo momento unicamente podemos ofrecer esta ruta de experiencias en castelán e catalán