- RESUMO
- RESERVA ✌
- ITINERARIO
- GALERIA
- + INFO
Permacultureando ao teu aire
Torre Escribana é un proxecto vivencial baseado na permacultura.
Con esta experiencia poderedes descubrir o proxecto e os segredos da permacultura a través dunha actividade personalizada na que aprenderedes como vivir o día a día desde a autosuficiencia e a soberanía alimentaria.
- Esta é unha experiencia pensada para persoas interesadas na permacultura, na vida no campo, nas enerxías renovables, na xestión integral da auga e/ou na soberanía alimentaria.
- O grupo mínimo é de 3 persoas.
- Visitas a partir de setembro.
- Para visitas de centros educativos ou grupos familiares é posible preparar unha experiencia e talleres máis personalizados. Contacta!
Todos os elementos que se atopan en Torre Escribana están interrelacionados co obxectivo de conseguir a maior autosuficiencia e soberanía alimentaria posibles.
Como descubrir todo é imposible nunha única visita, esta experiencia permíteche elixir dun menú en función do que máis che interese. Crea a túa propia visita!
Menú de visita
Aperitivos fixos
- Benvida e presentación
- Despedida
A elixir:
- Bioconstrución
- Cal e Arxila: Ciclo e usos
- Adobe e Terra
- Tadelakt
- Teito Verde
- Domo Xeodésico
- Alimentación
- Horta
- Sementes
- Preparados rexenerativos
- Preparados preventivos
- Bosque Comestible
- Galiñas e Aves
- Animais
- Conservas
- Espiral de aromáticas
- Auga
- Captación, almacenaxe e distribución
- Biofiltro de area e Biochar
- Xestión de augas grises e negras
- Acequias
- Enerxía
- Sol
- calor do lar
- WC Seco
- Compost
- Biochar
- Deseño Permacultura
- Principios éticos
- Principios de deseño Mollison
- Principios de deseño Holmgren
- Zonas e Sectores
A experiencia págase directamente en Torre Escribana, 50% antes da visita.
A reserva debe realizarse como mínimo cunha semana de antelación.
Con máis de 20 días respecto á data de visita, devolveráseche o 100% da reserva. Con máis de 7 días, toda a reserva, menos 3€ por persoa. Con menos de 7 días, perdes a reserva, pero podes ofrecela a outras persoas para non perdela.
Para durmir, recomendamos que te achegue a algún aloxamento sostible ou responsable de Zaragoza, onde ademais podes gozar de outras actividades de El Camino ESS.
Escribe a torre.escribana@gmail.com.
Hai animais soltos que podemos encerrar se tes algún tipo de problema e practicamente pódese acceder a todos os lugares con cadeira de rodas apta para caminos. Dado que os animais están soltos, a suxestión é que, se tes cans, queden na casa ese día.
A dirección exacta enviase tras a reserva. Aínda que o máis rápido pode ser o vehículo privado, animamos o uso doutras formas de chegar máis responsables co medio ambiente. Con bici tardas só 20 minutos desde a presa do Ebro en Vadorrey polo camiño natural do Gállego. En autobús público podes achegarte coas liñas 32 ou 28 e camiñar 35 ou 25 minutos respectivamente.
Tras facer a túa reserva, Torre Escribana contactarache para os detalles da experiencia.