• RESUMO
  • RESERVA ✌
  • ITINERARIO
  • + INFO

Asociación cultural formada por un grupo de persoas que de forma natural e bastante orgánica nos reunimos ao redor das mesmas vivencias, reflexións, músicas. Todas estamos  vinculadas dun modo ou doutro ao medio rural e, en concreto, a unha aldeíña do Cerrato Palentino, Tabanera de Cerrato.

Coa nosa Universidade Rural, queremos que os saberes dos nosos devanceiros non caian no esquecemento. Ao longo dos anos  estes coñecementos non tiveron substitución xeracional, pero cos nosos obradoiro e cursos queremos que isto permaneza no presente e nas futuras xeracións.

  • Obradoiro de creación Poscast-Radio
  • Percusión tradicional
  • Obradoiro de Fiado
  • Labores de Arqueoloxía experimental
  • Obradoiro Cosmética Natural
  • Obradoiro Música en Familia

Para todo tipo de persoas e ideal para grupos de amigos, de traballo, familias e demais. Para máis información ir a Itinerario.

Datos de contacto:

Please wait...

Itinerario

CURSO PODCAST-RADIO

K-Jabali

Leccións básicas de uso de podcast e Radio de baixo alcance, para fomentar os lazos de unión entre os habitantes da aldea e da comarca.

CURSO DE PERCUSIÓN TRADICIONAL

Coñecer a forma de tocar o pandeiro, a pandereita e demais instrumentos de percusión dunha forma tradicional.

OBRADOIRO DE FIADO

Descubrir diferentes técnicas e formas de fiar e crear tecidos como o realizaban os nosos maiores, con teares e coas cancións propias para o traballo téxtil.

ARQUEOLOXÍA EXPERIMENTAL

Leccións básicas de arqueoloxía para saber como identificar os elementos que nos rodean e marcan o paso do tempo na vida xeolóxica da contorna.

CREACIÓN DE COSMÉTICA NATURAL

Co uso dos elementos que a natureza cerrateña dános, elaborar diferentes ungüentos para o trato cara ás persoas e o benestar do corpo.

MÚSICA EN FAMILIA

Usar a música dunha forma lúdica e beneficiosa para a saúde mental, utilizala para que desde os máis maiores ata os máis pequenos sexan beneficiarios do bo que é a música para o corpo e alma.

100% accesible.

Pago en efectivo e por transferencia.