• RESUMO
  • RESERVA ✌
  • ITINERARIO
  • + INFO

O Pirineo que non se ve

Yebra é un pequeno pobo de apenas 100 habitantes que está á entrada do Val de Tena. Ademais de preciosas rutas de sendeirismo, xente amable e un gran ambiente, Yebra de Basa ten un albergue que é moito máis que un albergue: é un espazo de dinamización rural chamado L'Almada de Yebra. Dende L'Almada de Yebra impúlsase un turismo diferente, desestacionalizado e apartado das grandes concentracións de persoas, que aposta pola tranquilidade, polo ritmo lento, compatible coa vida no pobo, e co descubrimento de pequenos grandes tesouros. Con esta experiencia aloxaraste en L'Almada de Yebra e gozarás dun almorzo que che dará forzas para realizar unha das tres rutas para descubrir o Pirineo que non se ve. 

Esta experiencia inclúe:

  • Unha noite en habitación individual, dobre ou triple.
  • Almorzo L'Almada de Yebra.
  •  Explicacións personalizadas para a realización dunha das tres rutas dispoñibles e pequeno pícnic para o camiño.

Please wait...

 Esta experiencia desenvólvese no pobo de Yebra de Basa, no Alto Gállego (Huesca), situado entre Sabiñánigo e Fiscal. Dende Yebra de Basa poden realizarse diferentes rutas de sendeirismo, incluíndo a coñecida Ruta das Ermidas. Tamén se pasar polos pobos abandonados de Susín ou Cortillas, ou o pozo neveiro de case oito metros.

 Itinerario

CHEGADA Hora: 17:00 h Yebra de Basa

A partir das 17:00 h o equipo de L'Almada de Yebra esperarate en Yebra de Basa para dar a benvida e ensinar o cuarto e instalacións. Se chegas cedo podes dar un paseo polo pobo e mergullarte na tranquilidade dun municipio no que non hai lugar para as présas nin para as aglomeracións.

DESCANSA Hora: 21:00 h

Noite no albergue

Descansa tranquilamente na cuarto, gozando de non facer nada salvo descansar...

Almorzo Hora: 9:00 h Colle forzas

 Ás 9 toca almorzar! Un almorzo sinxelo pero que che permitirá coller forzas para afrontar o día. Durante o almorzo, ademais, a equipa explicará as tres rutas alternativas e dará toda a información necesaria para ir con seguridade.

GOZA Hora: 10:30 h Respira Pirineo

Chega o momento de gozar da ruta, levando ademais uns petiscos. Hai tres rutas alternativas que podes realizar, dependendo das ganas que teñas de camiñar, das túas inquedanzas ou do que máis che guste. A ruta das ermidas leva á ermida encravada na montaña, a ruta do pobo abandonado (unha marabilla para os máis pequenos), e a ruta das igrexas do Serrablo para os máis amantes da montaña. Se es daquelas persoas que lles gusta máis a aventura, non dubides en consultar outras opcións.

Una vez realizada la reserva recibirás un email con las instrucciones para el pago con tarjeta o por transferencia directamente a la iniciativa.

Las cancelaciones de reserva son posibles hasta tres días antes de la fecha de la experiencia. Después de esos tres días únicamente se recuperará un 50% del coste total de la reserva. Las instrucciones de cancelación se incluyen en el e-mail de confirmación.

Lamentablemente l'Almada de Yebra está situado en un edificio municipal rehabilitado que tiene importantes barreras arquitectónicas imposibles de eliminar.

Para contactar con l'Almada de Yebra puedes llamar al 722 59 76 80