• RESUMO
  • RESERVA ✌
  • ITINERARIO
  • + INFO

A miña primeira “Almazuela”

Imos facer unha pequena peza téxtil formada por pequenos anacos de téxtiles que vai ter unha utilidade e que che vai levar a crear unha peza única. Esta será a túa primeira “Almazuela” que sempre recordarás, e a partir dela poderás crear calquera composición que pase pola túa imaxinación.

Unha experiencia téxtil que conecta coas raíces. Tamén terás as claves para iniciarte nun mundo artístico e creativo.

  • Experiencia dispoñible durante todo o ano
  • Previa confirmación do día con ao menos 10 días de antelación. Fins de semana que comprenden desde o venres pola tarde.
 

Please wait...

1 hora de duración

Venres desde as 17h ata as 20h

Sábados desde as 10h ata as 14h e desde as 17h ata as 20h

Domingos desde as 10h ata as 14h

 

Unha primeira charla duns minutos na que empezaremos falando da historia da Almazuela na Rioxa e que pasará a falar de composición de cores e formas téxtiles cunha duración aproximada de 15 minutos.

Pasamos a elixir un paquete de cores xa preparado e coordinado para comezar a coser. Con unhas sinxelas explicacións comeza a coser a Almazuela. A duración desta parte é relativa ás habilidades de cada persoa, estímanse uns 40 minutos.

Acabarase explicando como rematar a Almazuela, levaranse pezas en diferentes fases do proceso para que as persoas que non lles de tempo de acabalo, o fagan na casa. A duración será de 5-10 minutos.

O local dispón de bebidas e aperitivos que non se inclúen no prezo do taller e que estarán á disposición do cliente en cada momento.

Haberá Almazuelas de diversos tamaños e técnicas para que se poida observar a enorme variedade de expresións que permite esta arte.

No Details Found