• RESUMO
  • RESERVA ✌
  • ITINERARY
  • + INFO

Queres saber máis sobre o marabilloso mundo das abellas?
A mellor forma para aprender, é porse o traxe e ir velas.
E iso é o que faremos!

Nesta actividade, mostrámosvos da maneira máis práctica posible, os aspectos máis importantes da vida das abellas e o apicultor; sempre dunha maneira amena enfocada a pasar un bo intre na natureza.

E tamén probaremos distintos tipos de meles.

Recomendacións: Pantalón e manga longa, calzado alto (preferiblemente botas) e a nenos gorra.

Datos de contacto:

Please wait...

Itinerario

RECEPCIÓN

Quedaremos na nosa parcela para poñer os traxes e comentar unhas nocións básicas de estancia nas colmeas. Cada un levará o seu coche ata a parcela.

ESTANCIA NAS COLMEAS

Iremos dando un breve paseo ata as comeas,  onde abriremos algunhas para tentar ver os elementos máis importantes, como son os distintos tipos de abellas, a cría, o mel, o pole...

CATA DE MEL

Degustaremos de maneira informal algunhas das variedades de mel que elaboran as nosas obreiras.

Depende do lugar que establezamos facer a actividade

Pago en efectivo ou con bizum.