- RESUMO
- RESERVA ✌
- ITINERARIO
- GALERIA
- + INFO
Coñece a nosa cooperativa, un lugar diferente na rivera do rio Tera. Pasea entre plantas aromáticas e medicinais e coñece o camiño que transcorre desde o seu cultivo respectuoso e a súa transformación artesanal ata converterse nas infusións e os condimentos TERA VIVA que poderás degustar ao final da experiencia.
Reservar con antelación.
Datos de contacto:
- Teléfono: 619 925 338 / 606 110 760
- Correo electrónico: info@teraviva.es
- Páxina web: www.teraviva.es
- Redes Sociais: @tera.viva
PRIMEIRO
Quen somos
Coñece a historia de Herbas do Tera: como Montse e Irene cambiaron a cidade pola “narruraleza”* seguindo as súas raíces para coidar de 4.000 plantas nunha antiga granxa.
*Palabra inventada por erro, pero que define moi ben onde queremos estar.
SEGUNDO
Visita o campo de aromáticas
Coñece máis de 15 especies que poderás tocar e cheirar e se vés na primavera, poderás ver tamén as cores da floración.
TERCEIRO
Elaboración dos nosos produtos
Breve visita ás instalacións onde transformamos as plantas en infusións e condimentos.
CUARTO
E por último
Degustación de infusións e test de aromas.
En castelán. Para opcións en catalán e inglés, consultar antes.
Recomendable preguntar.
Por transferencia bancaria, ou en man ao chegar á leira.