- RESUMO
- GALERIA
- + INFO
Escolle entre tres experiencias de pintura sobre seda
Quero compartir convosco a artesanía da pintura decorativa sobre tecido. Un proceso delicado que fai que cada peza pintada a man sexa única.
Coidaremos dos detalles para lograr unha peza exquisita e co menor impacto negativo para o medio ambiente. Anímaste?
SEDA, COR E NATUREZA, UNHA EXPERIENCIA ÚNICA!
Conecta coa natureza mentres te enches de cor e creas a túa propia obra de arte en seda
- Duración: 4h
- Participantes: mínimo 4 e máximo 8. A partir de 12 anos.
- Prezo: 35€/persoa
Converte os teus tecidos especiais nun conxunto de colar e brincos neste taller de xoiería sostible!
Crea accesorios para ti ou para quen queiras. Goza dun ambiente creativo e relaxado cun enfoque ecolóxico.
Crearemos un conxunto de brincos e colar a partir de botóns forrados con tecido.
- Duración: 2-3 horas.
- Participantes: mínimo 4.- máximo 8. A partir de 12 anos
- Prezo: 35€/persoa
QUEREDES PINTAR O VOSO AGASALLO EN SEDA?
Propoño que no meu taller e coa miña axuda, pintedes un pano ou fular cunha mensaxe personalizada.
O voso agasallo será único e feito por vós.
Opción 1- pintar pano pequeno (55x55cm) de seda natural.
- Participantes: mínimo 4.- máximo 6
- Duración: 3 horas
- Prezo: 125€
Inclúe o deseño, pintar o pano entre os participantes.
A fixación e acabado do proceso, que farei eu, e o envío á península.
Para outros destinos, consultar.
Opción 2 - pintar un pano ou fular de 140x45cm de seda natural.
- Participantes: mínimo 4 - máximo 8
- Duración: 4 horas
- Prezo: 175€
Inclúe o mesmo que a anterior opción.
- Para todas as experiencias hai que contactar previamente para consultar dispoñibilidade.
En principio podería ser calquera día da semana (excepto luns pola mañá de outubro a maio, ambos incluídos).
- Se necesitas máis información ou tes algunha dúbida, estou dispoñible por correo electrónico sedapintada@azizapuch.com ou What’sApp (+34) 678010066
Se necesitas máis información ou tes algunha dúbida, estou dispoñible por correo electrónico sedapintada@azizapuch.com ou Whatsapp (+34) 678010066