• RESUMO
  • RESERVA ✌
  • ITINERARIO
  • + INFO

Poñemos á túa disposición unha antiga casa cova restaurada por nós. Unha vivenda singular, íntima e na terra.

Aquí podes realizar unha peregrinaxe interior e profundamente saudable: Habitando casa cova e a súa contorna rural, descansando, meditando baixo terra, practicando ioga e adentrándote en diversos aspectos de autocoñecemento.

É posible que precises parar. Sentir para conectar co teu corazón e atender a ti mesma. Quizais necesites un tempo de illamento e de silencio para tomar algunha decisión importante.

Datos de contacto:

 

Please wait...

Itinerario

VISITA CASA COVA

Coñece esta vivenda singular e a historia da cova do pobo. E descobre aos seus protagonistas e ao Proxecto InterSer de rexeneración e saúde integrativa.

MEDITACIÓN BAIXO TERRA

Explora a túa esencia profunda con axuda da nosa guía, na silenciosa sala de meditación da casa.

SESIÓN DE IOGA DINÁMICO

Practícao con exquisita sensibilidade e respecto polo teu corpo, con axuda da nosa voz que guía a túa experiencia somática.

TERAPIA CORPORAL INTEGRATIVA

Déixate acompañar cara ao teu autocoñecemento e resolve os teus retos, integrando corpo, emocións, mente e esencia.

BAÑO DE NATUREZA

Pequenas rutas sensibles e conscientes por esta contorna rural. Para baixar o ritmo e conectar coa Vida.

ESTANCIA EN CASA COVA A LUZ

Pasa 2 ou máis días de retiro e descanso no seu interior. Déixate serenar por todo o que che ofrece o espazo.

Buscaremos as formas de facer accesible a todos estas actividades…

Preferiblemente en efectivo ao comezo da actividade. Opcional Bizum e transferencia.