• RESUMO
  • RESERVA ✌
  • ITINERARIO
  • + INFO

A artesanía en madeira conéctanos coa natureza e bríndanos a oportunidade de levar a calidez e a autenticidade deste material aos nosos fogares e vidas.

Cada peza é única, coa súa propia historia e carácter, converténdoa nun tesouro. A mestura de técnicas tradicionais e novas tecnoloxías fan que cada peza teña unha combinación perfecta de calidade, deseño e exclusividade.

Descobre a beleza e a autenticidade dos nosos complementos artesáns, onde a madeira se atopa con outros materiais para crear pezas únicas e cativadoras.

Datos de Contacto:

 

Please wait...

Itinerario

PRIMEIRO

Hora : 12:00 pm

Creación do Esbozo

Ter clara a idea do elemento que se vai a realizar. Crear diferentes esbozos a lápis e con plastilina para ver os seus diferentes volumes.

SEGUNDO

Elixir a madeira

É unha decisión importante saber como son os materiais e como plasmar a túa idea e dar forma a túa pequena obra de arte.

TERCEIRO

Ao choio

Coas diferentes ferramentas darémoslle forma a esa obra de arte que se quere xerar.

CUARTO

A gozar!

Ter unha peza de Arte creada por nós mesmas, ter algo único e xenuíno realizado polas nosas propias mans.

100% accesible.

Efectivo, cartón ou bizum. Podes facer o pago mediante transferencia no caso de emitir factura.