Que é “el Camino ESS”?

Unha proposta turística alternativa a través de experiencias sostibles e responsables en Cataluña, Aragón, A Rioxa, Castela e León e Galicia.

Un camiño formado por proxectos e iniciativas de Economía Social e Solidaria* (ESS) que xeran un impacto positivo no territorio, e que agora tamén poden ser unha experiencia de “el Camino ESS”.

 *Non sabes que é a Economía Social e Solidaria? Non te preocupes, explicámoscho aquí!

Como xorde?

A idea inicial deste camiño nace en 2010 no CASAL (Colectivo Autoxestionado de Solidariedade entre a Área Latina) da man de Enrique del Río, coa idea de configurar unha viaxe para comprender e ser parte das raíces da economía social e os seus valores. Anos máis tarde, pero coa mesma esencia, nace “el Camino ESS” para ofrecer experiencias que apostan por un turismo sostible e responsable, onde o centro son e sempre serán as persoas.

 

Móvennos dous grandes obxectivos:

1.    Xerar alianzas entre as iniciativas, e impulsar unha rede de turismo alternativo que facilite a súa sustentabilidade no tempo.

2.    Potenciar a Economía Solidaria dándolle visibilidade a través do sector turístico.

chica-mapa3-GALLEGO
100-PERSOAS-GALLEGO

 

Como o facemos?

Desde, por e para os territorios! Queremos construír redes sólidas onde a prioridade sexa o coidado das persoas e comunidades, por iso somos as propias entidades de Economía Social e Solidaria as que creamos o camiño e acompañamos de forma directa ás iniciativas que forman parte.

 

De acordo, ben… pero entón, quen está detrás?

Este proxecto, “el Camino ESS”, está xestionado por “L´Olivera” (Cataluña), REAS Aragón, “El Colletero” (A Rioxa), “Centro de Desarrollo Rural Carrión de los Condes” (Castela e León), e REAS Galicia.

E todo isto, para que?

O obxectivo final é xerar un entorno dixital e material de promoción co que coñecer, programar e contratar diferentes experiencias dentro dun percorrido.

Proxectos culturais locais, medioambientais, cooperativas de desenvolvemento, creación artesá... e moitas máis vinculadas á economía social e solidaria.

Ollo! Por suposto, “el Camino ESS” formúlase desde unha produción de consumo responsable que sensibilice á visitante e á vez repercuta de forma positiva na comunidade, tanto a nivel económico como social e medioambiental.

 

logos-1-1
logos-2
Banner de Consentimiento de Cookies por Real Cookie Banner