“El Camino ESS” está xestionado por L´Olivera (Cataluña), REAS Aragón, El Colletero (A Rioxa), Centro de Desenvolvemento Rural Carrión de los Condes (Castela e León), e REAS Galicia.
L´OLIVERA (Cataluña)
Desde L’Olivera contamos cunha ampla experiencia na dinamización territorial e no acompañamento á persoas en risco de exclusión cara a súa vida plena.
No 2017 iniciamos unha nova liña de negocio baseada no Enoturismo Social e Sostible, a través do cal se xeraron 6 postos de traballo para persoas con discapacidade. No ano 2020 puxemos a andar unha empresa de inserción dedicada de forma exclusiva a esta finalidade.
REAS ARAGÓN (Aragón)
Desde o ano 2015, a nosa entidade está apoiando o emprendemento colectivo e acompañando á constitución e consolidación de iniciativas emprendedoras cos principios e valores da Economía Social e Solidaria.
Apoiamos a máis de 300 proxectos en diferentes sectores a través do programa “Centro de Recursos para la Innovación Social y fomento del Cooperativismo”, máis coñecido como “Emprendes.net”. Desde este programa acompañamos a un gran número de proxectos relacionados co turismo sostible en diferentes sectores: soberanía alimentaria, ocio e vacacións, cicloturismo, proxectos culturais, proxectos de benestar e de coidados, e proxectos directamente orientados á revitalización do rural.
ASOCIACIÓN EL COLLETERO (A Rioxa)
Nace no 2000 para xerar emprego, formación, equidade e un desenvolvemento sostible en Nalda e o seu entorno rural.
A través de redes de mulleres rurais traballamos con persoas de todas as vilas e aldeas. Xuntas loitamos contra o despoboamento, buscando que as experiencias agrotransformadoras e con contido biocultural se convertan en xacementos de emprego ou xere un aumento de rendas mediante un turismo sostible.
Dentro de REAS A Rioxa, rede á que pertencemos como entidade, traballamos para xerar un mercado social rural, dando visibilidade ao papel destas experiencias no desenvolvemento sostible e na custodia do territorio. Como é o caso das mulleres, artesás, que pretendemos que sexa un recurso turístico que permita a vida e a permanencia nos lugares.
CENTRO DE DESARROLLO RURAL “CARRIÓN DE LOS CONDES” (Castela e León)
Nace no ano 1990 co obxectivo de xerar procesos integrais de desenvolvemento, ligados á posta en marcha de servizos e actividades que melloren a calidade de vida das persoas da comarca de Carrión de los Condes (Palencia).
Ao longo de máis de 30 anos, puxemos en marcha diferentes proxectos ligados á educación, aos servizos sociais, ao desenvolvemento económico e ao coidado do medio ambiente.
Na última década, baixo o lema “soster a vida na Terra de Campos: coidar ás persoas e ao territorio que habitan”, realizáronse accións como son: apoio ás iniciativas emprendedoras da comarca; posta en marcha do Proxecto Terra (restaurante, venda de produtos resultantes de proxectos sociais, comida ecolóxica e de proximidade); servizo de comida a domicilio nos lugares da comarca; bolsa de emprego e mediación laboral; formación para o emprego; e organización de actividades culturais e de dinamización da comarca.
REAS GALICIA (Galicia)
Desde o 2012, ano da súa fundación, na Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia traballamos en accións que permitan coordinar, dinamizar e fortalecer o tecido socioeconómico e empresarial de entidades adheridas á carta de principios da Economía Solidaria. Entre as entidades socias de REAS Galicia, hai organizacións vinculadas ao desenvolvemento rural, á xestión cultural e patrimonial, á etnografía, á educación ambiental e ao turismo rural.
Nestes últimos anos, concretamente desde 2020, estamos desenvolvendo grazas ao apio da rede EUSUMO, un programa de acompañamento para a mellora da comunicación de entidades da Economía Social. O obxectivo deste, é prestar apoio ás entidades para construír un relato que lles permita diferenciarse e darlles visibilidade como organizacións que con impactos sociais positivos. Nestes anos prestamos asesoramento personalizado a 120 entidades da Economía Social galega.